Un informe destaca a melloría nos indicadores da Sociedade da Información en Galicia

O documento, presentado hoxe en Santiago, foi editado por Telefónica

| Santiago. Redacción | Seccións: I+DSociedade
Compartir:

Mellorías en número de equipamentos (máis ordenadores, móbiles, DVDs e outros dispositivos) pero tamén no uso deses materiais (increméntase o tempo de navegación, así como a porcentaxe de usuarios que se relacionan coa Administración) son algúns dos indicadores que contabiliza o informe Sociedade da Información en Galicia (elaborouno a antiga Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información e edítao Telefónica) e que constanta un avance no noso país na materia. O documento detalla as iniciativas desenvolvidas polo Plan Galego da Sociedade da Información(PEGSI), así como o Centro de Referencia e Servizos do Software Libre de Galicia (Mancomún), proxectos que desde o cambio de goberno están en fase de redefinición.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves