A Xunta prescinde de 120 persoas adscritas ao desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos

A Secretaría de Modernización asegura que as liñas estratéxicas definiranse no 2010

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Fundación Calidade, o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre (Mancomún) e o Observatorio Galego da Sociedade da Información son tres entidades xurdidas ao abeiro do Plan Galego da Sociedade da Información e do Plan Galego de I+D+i (Incite). E, segundo publica hoxe Xornal de Galicia están a ser desmantelados polo actual goberno. Máis dun cento de técnicos adscritos a estes departamentos acaban de recibir as cartas de despedimentos e rescisión do contrato para este ano. Segundo esta mesma fonte, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, que é a entidade competente nesta materia, asegurou que será no 2010 cando todos os proxectos serán “adaptados ás liñas estratéxicas”, sen precisar cales son estas.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves