Dúas librarías abren un circuíto de presentacións de BD

Álvaro Órtiz, Alfonso Zapico e Emma Ríos estrearán o proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

As librarías especializadas Banda Deseñada de Vigo e Paz de Pontevedra botan a andar este mes de novembro un circuíto de presentacións de cómic. A iniciativa pretende crear unha estrutura estable de promoción da novena arte na provincia, acollendo actividades como mínimo unha vez ao mes en cada cidade. Abre o proxecto a visita do zaragozano Álvaro Ortiz, que presentará o seu último álbum Julia y la voz de la ballena os días seis e sete de novembro. En decembro visitará estas librarías Alfonso Zapico, autor de Café Beirut e La guerra del profesor Bertenev. Para xaneiro será a galega Emma Ríos quen presente os seus últimos traballos.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Ríos, Guerra, Cómic, Banda deseñada...

Claves

Protagonistas
Lugares