Autores de BD de xira internacional

Rubín e Cons presentan os seus traballos en Francia e Bélxica e Emma Ríos expón en Londres

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Cartel da exposición de Emma Ríos en Londres

Cartel da exposición de Emma Ríos en Londres

Tres autores galegos están estas semanas de presentacións europeas. David Rubín presenta en París, os días 22 e 24 de novembro a edición francesa do primeiro volume de El Héroe editado por Rackham. Pola súa banda, Tirso Cons visita Bélxica para presentar os seus traballos nas librarías Anthracite e BD World e mais no Festival de BD de Brabante. Finalmente, unha selección de planchas orixinais de Emma Ríos para as series Amazing Spider-man, Captain Marvel, ou Doctor Strange entre outras poderá verse na galería londinense Orbital Cómics entre o 21 de novembro e o 4 de decembro. Ademais, a autora participará na Comic Con de Malta, que se desenvolve os días 8 e 9 do vindeiro mes.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Ríos, Bélxica, Londres, Francia...

Claves

Protagonistas
Conceptos