Logo do recente lanzamento do segundo volume de Le Heros con Rackham, o álbum Beowulf de David RubÃn con guión de Santiago GarcÃa verá a man en Francia da man de Casterman, unha das grandes empresas da BD gala. Da man de Diábolo está tamén xa nas librarÃas dese paÃs Petaco, de Alberto Guitián. Máis preto de nós, acaba de saÃr en español un volume que recolle diferentes historias do personaxe Capitana Marvel, entre elas as que debuxou a galega Emma RÃos para a editora americana Marvel Cómics. A nivel de xornadas, Getxto e Expocómic contarán con presenza do paÃs. RubÃn realizou o cartel do primeiro destes encontros, ao que acudirá como convidado e cunha exposición de orixinais de Beowulf. A segunda destas citas contará pola súa banda coa presenza de Tirso Cons, que protagoniza.