Cineuropa ultima unha edición que seguirá fiel ao seu formato habitual

A gañadora da Palma de Ouro en Cannes, A cinta branca, abrirá a 23 edición

26/10/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A falta dunha semana para que comece a 23 edición do Festival de Cinema, Cineuropa, xa se coñece un avance da programación. O encontro arrincará o 4 de novembro con A cinta branca, o último de filme de Michael Haneke que gañou a Palma de Ouro en Cannes. A sección competitiva contará con 31 títulos entre os que destacan Looking for Eric, de Ken Loach; Soul Kitchen, coa que Fatih Akin obtivo o premio á mellor dirección en Venecia; Edén ao oeste, de Costa-Gavras; Un profeta, de Jacques Audiard; Le refuge, de François Ozon ou Hadewich, de Bruno Dumont. Ademais, esta edición tamén contará co regreso cinematográfico de Michael Moore, que presenta Capitalism, a love story, na que dá a súa peculiar explicación da crise financeira actual.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Cineuropa, Ouro, Cannes

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares