A película "Head-On" abrirá o 4 de novembro a decimoitava edición de Cineuropa

Os Osos chegan a Cineuropa

28/10/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
10 lecturas | Compartido 0 veces
Comeza a abrir boca Cineuropa, o evento cinematográfico por excelencia do mes de novembro compostelá. Inaugurarase o día 4 con "Head-On", a película de Fatih Akin que narra a historia dun casamento prohibido. Un filme que chega co "Oso de Ouro" da pasada edición da Berlinale e que se trata dunha estrea. Aínda que o programa definitivo non se coñecerá até a vindeira semana, están confirmadas as películas de Ken Loach ("Ae Fond Kiss"), Theo Angelopoulos ("Trilogy:Eleni"), Emir Kusturica ("Life is a miracle"), Lars Von Trier ("Five conditions"), Stephen Frears ("Dirty pretty things") ou Michael Winterbottom ("Nine songs"). Entre as seccións habituais incorpórase unha nova sobre cinema fantástico inédito no que se proxectará "Dead end" de Jean Baptiste André.

Máis información en Vieiros e na edición Santiago de La Voz de Galicia  

Universo culturagalega.gal

05/08/2004

O Colectivo Nemo organiza o seu XXI Ciclo de Fantasía e Ciencia-Ficción, adicado a Star Trek. O ciclo enmárcase dentro da tertulia viguesa do xénero fantástico.
Os xoves a partir das 21:30 h no Café UF (Rúa do Pracer 19, Vigo) Star Trek V: La última frontera (William Shatner, 1989)

Para trekkies

Contextos

Claves

Conceptos