Expertos optan por profesionalizar a información sobre as artes escénicas

Unha das propostas foi crear empresas especializadas en asesoramento a compañías

| Santiago. Redacción | Seccións: Artes Escénicas
Compartir:

As funcións de teatro e de danza que se fan no país non sempre teñen cabida nos medios de comunicación. Un feito fundamental para chegar ao público, polo que a dirección da Feira Galega das Artes Escénicas organizou unha mesa de debate para mellorar a divulgación dos espectáculos. Entre as solucións que ofreceron xornalistas e expertos na materia destaca a creación de empresas especializadas en comunicación para asesorar as compañías, a realización de campañas de promoción xeral do teatro e a danza semellantes ao doutros sectores culturais (literatura ou audiovisual) ou o uso da Internet para chegar á cidadanía.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Danza, Teatro, Medios de comunicación...