O Proxecto Galicia 2010 presenta hoxe as súas conclusións

Galicia:2010

Hoxe conclúe o "Proxecto Galicia 2010". Atrás quedan sete meses nos que 150 intelectuais, investigadores e profesionais de tódolos ámbitos reflexionaron sobre qué camiños se han de seguir na actividade política e económica no novo decenio que se nos aveciña.

Conclusións




O Pazo de Congresos e Exposicións albergará a partires das oito da tarde a recta final de entrada ó 2010. Será o momento no que o presidente da Xunta, Manuel Fraga, dé por concluido o proxecto Galicia 2010. Será entón cando o seu director José María Gómez e Díaz Castroverde presentará o volume que recolle as conclusións dos sete meses de traballo que se xestaron na Presidencia da Xunta e que foi patrocinado polo Banco Pastor, Caixa Galcia e Caixanova.











Proxecto Galicia 2010



Baixo o nome de Galicia 2010 englóbase un proxecto de traballo, no que durante sete meses uns 150 profesionais das diferentes áreas de traballo co obxectivo de elaborar unhas conclusións que orientan a actividade económica e social no decenio 2000-2010. Institucións, lingua e cultura, sanidade, traballo e protección social, infraestructuras, comercio e turismo, industria, medio ambiente, pesca, innovación tecnolóxica, sociedade do coñecemento, dinámica social e sistema agroindustrial son as trece ponencias nas que se estructura este proxecto que se clausura hoxe e que non xorde con vocación de continuidade.



Outras iniciativas



Efectuar un estudio que estableza as recomendacións de cara o novo decenio non é unha iniciativa exclusiva de Galicia. Andalucía, Irlanda e Cataluña xa desenvolveron con anterioridade iniciativas destas características.