Galicia investiu en ciencia máis de 530 millóns de euros en 2010

A Fundación Barrié publica un informe que cuantifica as cifras da ciencia no último decenio

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

A Fundación Barrié presentou hoxe pola mañá o informe La ciencia en Galicia que recolle as principais magnitudes de investimento, eficiencia, productividade e rendibilidade do ámbito científico no noso país entre 2000 e 2010. Entre os datos relevantes está o investivemento en ciencia durante o último exercicio computado (2010), máis de 531 millóns, o cal sitúa a Galicia na séptima comunidade autónoma con máis investimento. Os autores do informe destacan o esforzo en incrementar o investimento ao longo da década e cifran os anos 2007 e 2008 coma os de maior gasto público en ciencia. As disciplinas científicas nas que Galicia é lider en produción de textos no conxunto español son Pesca, Oceanografía, Reumatoloxía e Bioloxía Mariña, se ben en termos de citación en revistas científicas. As máis citadas por outros investigadores internacionais, con todo, son Ciencias Espaciais, Bioloxía Molecular ou Xenética.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Fundación Barrié

Claves

Entidades
Conceptos