Hai dez anos, os nomes máis destacados da intelectualidade galega dos máis diversos ámbitos elaboraron un documento no que expuñan as necesidades e demandas do país para década que deixamos atrás. O proxecto Galicia 2010 supuxo unha aposta única pola reflexión estratéxica para a nosa sociedade. Pasado o prazo que contemplaba esta iniciativa, contemplamos ata que punto se cumpriron as súas esixencias e previsións no campo da cultura.
Unha selección de nomes da cultura, a economía, a política e diversos ámbitos da vida pública presentaban o 23 de marzo do ano 2000 o proxecto Galicia 2010. A instancia do propio presidente da Xunta, Manuel Fraga, e co apoio do Banco Pastor, Caixanova e Caixa Galicia, diferentes comisións analizaron os diversos ámbitos da realidade galega, desde o tecido económico e produtivo, ata a lingua e a cultura, pasando pola implantación das novas tecnoloxías. En cada un destes campos achegáronse propostas a nivel lexislativo, de infraestuturas e institucións ou accións prioritarias a desenvolver nos seguintes dez anos. Desde aquela, no entanto, non todas as demandas e recomendacións recollidas naquel amplo documento chegaron a se concretar. Botámoslle un ollo ás propostas no apartado Lingua e cultura.
O proceso
Segundo explica Henrique Monteagudo, secretario da comisión que elaborou as propostas nestes ámbitos, tratábase de facer unha serie de relatorios en distintas áreas. Neste caso, o relator era Carlos Casares, que seleccionou unha serie de expertos representativa de diferentes materias. Logo había xuntanzas nas que se ían acordando diferentes propostas e se elaboraban rascuños, lembra. Malia á variedade de propostas presentadas, no campo da lingua e da cultura deuse en xeral un consenso sobre as medidas que se deberían desenvolver desde o goberno na primeira década do século XXI. O proxecto desenvolveuse ao longo dun ano, e houbo moitas xuntanzas, pero a verdade é que en xeral había unha coincidencia xeral nas propostas que preparaban os diferentes relatores. En todo o caso os debates eran para matizar ou explicar mellor algunha cousas, explica Monteagudo.
As leis que aínda agardan
Sen dúbida, o texto legal que máis demora acumula de cantas se refiren á cultura do país é a Lei do Fondo Cultural Galego, prevista xa no Estatuto (1981), e que os responsables de Galicia 2010 lembraban como necesaria, sen que a súa recomendación teña atopado eco. O Consello da Cultura insistiu moito na creación do Fondo Cultural, porque no estatuto aparecen xuntos e suponse que tería algún papel na súa xestión, explica o secretario desta comisión. A creación dunha Lei de Asociacións ficou tamén en suspenso logo da reforma do texto estatal correspondente en 2002. De xeito semellante, o desenvolvemento da Lei de Bibliotecas quedou truncado ante a necesidade unánime de reformar o texto completo para atender ás novas tecnoloxías. Fican pendente tamén outros desenvolvementos regulamentares contemplados no informe en campos como o patrimonio, a creación e mantemento de arquivos, bibliotecas e museos e cuestións como a relación dos creadores pláticos co mercado das galerías. O principal esforzo no campo do desenvolvemento lexislativo cultural, para alén da aprobada Lei de Arquivos, foi entón o que se lle aplicou á Lei do Audiovisual, co regulamento do Consorcio e do Consello Asesor das Telecomunicacións.
Institucións, museos e etnografía
Entre as propostas que se recollían neste documento, atopamos algunhas que aínda hoxe están de plena actualidade, como é a necesidade de financiamento e reforzo da Real Academia Galega, así como o solicitado potenciamento do Consello da Cultura. Tampouco hai pegada ningunha de organismos destinados a promoción e regulamento do asociacionismo cultural. Aínda que existe sobre o papel, non cabe dúbida de que o Sistema Galego de Museos carece da entidade que reclamaba o informe. Pola banda da cultura tradicional, e malia á multiplicación e variedade de centros dedicados a este ámbito, carecemos aínda dunha rede específica que os coordine, e non contamos tampouco coa titulación de Antropoloxía Social e Cultura no país. Nesta altura pode resultar curioso que un concepto como o de Patrimonio inmaterial que se atopa plenamente incorporado ás políticas culturais, non aparece mentado no texto de hai dez anos.
Escenarios e pantallas
Á hora de falar de audiovisual e artes escénicas, comprobamos resultados dispares na creación de infraestruturas e institucións que hai dez anos se consideraban releventes. Deste xeito, podemos considerar as futuras instalacións escénicas do Gaiás como o equivalente ao Teatro de Galicia que reclamaba este proxecto, e contamos coa solicitada Escola Superior de Arte Dramática, aínda que nos falten a de Danza e mais a de Cinema. Do mesmo xeito, malia a non termos Compañía Galega de Danza Contemporánea, na última década naceu o Centro Coreográfico Galego, aínda que está pendente a creación do correspondente espazo destinado á formación e á creación. En relación a isto, a reforma do IGAEM que preconizaba este informe foi por vías diferentes das sinaladas, e para alén de integrar música, danza e teatro, transformouse en AGADIC e recolleu tamén (aínda que de xeito transitorio) competencias no audiovisual. Si recibiron un pulo os circuítos de artes escénicas e de música ao vivo, coa creación das diferentes redes de exhibición e concertos. De xeito tímido, desenvólvense tamén desde hai uns anos as primeiras experiencias de intercambio cultural programado co Norte de Portugal. Tamén se iniciou, aínda en datas recentes, o programa de apoio para que se desenvolvan compañías residentes en diferentes teatros, e existen publicacións, como E_Scena, Ao vivo ou Paraíso que promocinan o sector escénico e musical. Fáltanos aínda, entre outras medidas de promoción, a creación dun Festival Internacional de Teatro e Danza, que os responsables de Galicia 2010 consideraban desexable. En voltando ao audiovisual, non cabe dúbida que o sector viviu un desenvolvemento que posiblemente superou as previsións do proxecto Galicia 2010. Creouse, como se solicitaba, o Consorcio do Audiovisual e mais unha Axencia no mesmo campo. Faltou a potenciación do Centro Galego de Artes da Imaxe, e do Museo do Cinema aínda non hai rastro.
Lingua
Un dos grandes logros da última década neste campo foi a aprobación do Plan Xeral de Normalización Lingüística que, como non, reclamaba Galicia 2010. No entanto, outras medidas como poden ser o potenciamento da RAG como centro de referencia normativo ou do Instituto da Lingua Galega como centro de investigación quedaron no tinteiro. En canto á Dirección Xeral de Política Lingüística, aínda que durante a pasada lexislatura pasou a depender de Presidencia, tal e como pedía o informe, nesta última voltou a Educación, sen que en ningún caso se lle dese o reforzamento que solicitaban os asinantes. Do mesmo xeito, tamén se recolle a arela dun Consorcio pola Normalización Lingüística que coordinase a actividade de todo tipo de gabinetes e servizos que traballan neste campo, unha iniciativa que se recolleu nas última lexislaturas sen que, polo momento, chegase a se concretar. O Consorcio mesmo chegou a ter orzamento na última lexislatura, lembra Monteagudo, pero ao final non se fixo. Tampouco contamos aínda cun Consello Social da Lingua Galega nin se desenvolveu especialmente o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia ou organismos semellantes para dar apoio a accións normalizadoras no noso país.
Libro
É quizais o sector do libro onde atopamos que a realidade seguiu máis o programa proposto neste informe. Aínda que non temos plans quinquenais de fomento da lectura, si que vimos nos últimos anos diferentes campañas promocionais destinadas a mellorar a nosa relación cos libros. Do mesmo xeito, existen axudas a obras de referencia, no epígrafe de Grandes Proxectos Editoriais, e está en proceso de desenvolvemento, desde o Centro Superior Bibliográficos e a Biblioteca de Galicia a Biblioteca Virtual coa dixitalización de documentos e obras históricas das nosas letras. Mesmo a Biblioteca Clásica de obras galegas que reclamaban os especialistas do proxecto viu a luz nesta década na forma da Biblioteca 120 que publicou La Voz de Galicia. Tamén o apoio á presenza do libro galego en feiras internacionais se fixo realidade, do mesmo xeito que a potenciación das axudas á tradución, aínda que non na medida proposta no documento. E a exitencia de catálogos en liña pódese supor completa coa existencia de iniciativas como Praza das Letras, o catálogo de dereitos para traducir ou mesmo o noso soportal Lg3. Fica fóra quizais o apoio específico á edición electrónica, aínda que os produtos multimedia conseguiron nos últimos anos acceder a axudas públicas englobadas nos proxectos audiovisuais, e mais as axudas directas á creación.
Arquivos e bibliotecas
Tamén pola banda das bibliotecas, malia a que non se conseguiu a anceiada renovación da lei correspondente, atopamos abondos cumprimentos da ruta trazada por Galicia 2010. Deste xeito, a reclamada Biblioteca de Galicia atopou na Cidade da Cultura o seu oco, e se abordou a modernización e informatización da Rede de Bibliotecas. Aprobouse tamén a Lei de Arquivos, que sentou as bases dun futuro sistema que coordinará estes centros, e desenvolvéronse diferentes iniciativas de dixitalización e catalogación de documentos, con programas de apoio a arquivos locais e doutras entidades.
O seguimento
Algunhas cousas si marcaron un roteiro, explica Monteagudo, cando menos nos catro anos seguintes do goberno de Fraga fixerónse cousas como o Plan Xeral de Normalización, e medidas nas artes escénicas, no libro e nas bibliotecas ou no audiovisual. Claro que, segundo lembra o secretario da comisión, non sei ata que punto foi seguindo esta guía ou coincidiu polo feito de que recollemos aspiracións e obxectivos que estaban compartidos polo sector en xeral. A ollar cara atrás resume que houbo medidas que quedaron superadas, outras que se fixero, outras que están a medias e algunha que sería moi importante e non se fixo. No entanto, ao seu ver é moi importante que se fagan este tipo de reflexions estratéxicas. A miúdo o día a día absorve moito os gobernantes e tómanse decisións sobre a marcha. Compre que xente experta e independente marque unhas liñas que sirvan como horizonte de expectativas, sinala.
Outras
A titulación de Deseño de Moda ou a Asociación Profesional de Deseñadores, son arelas que chegaron ao seu cumprimento na última década. No campo de demandas que ficaron sen atender, atopamos propostas como a adopción de medidas destinadas á protección eficaz dos dereitos de autor, cuestión que aparentemente quedou en mans das sociedades de xestión. Ou a exploración e programación a longo prazo da rendibilidade estratéxica dos investimentos en mostras artísticas de grande formato. Ou aínda algo tan pouco concreto como a regulación e racionalización da política de subvencións e axudas ás empresas (editorial, medios de comunicación, audiovisual, etc.) e ás fundacións e asociacións culturais, aínda que poida que a recente Lei de Subvencións e o seu desenvolvemento cumpran en certa medida as reclamacións dos autores do proxecto. A liña que se suxería é que o potenciamento do Consello da Cultura outorgaríalle algún papel á hora de informar convocatorias e como elemento obxectivador nese campo, lembra Monteagudo. Tampouco se desenvolveron, como tales rutas monumentais e as redes de teleformación reclamadas quedaron integradas nas actividades do Centro Multimedia de Galicia e mais na Rede de Dinamización da Sociedade da Información. Houbo a maiores plans específicos de formación para técnicos culturais, arquivos e outras propostas.
Reflexión sobre a reflexión
Vaia por diante que, obviamente, non todo nestes anos foron eivas, e que moitas das propostas que hoxe en día están en marcha non aparecían recollidas neste informe. Pódese debater en todo o caso ata que punto as prioridades de Galicia 2010 e as que finalmente se adoptaron foron as máis axeitadas para esta década. Neste ano, o Consello da Cultura anunciou a súa intención de desenvolver un proxecto de análise estratéxico sobre a nosa cultura que verá a luz na forma dun informe. Non pretende ser tan programático como este informe, pero vai nesa liña, recoñece Monteagudo. Quizais dentro de dez anos poidamos avaliar de volta a realidade en relación a esa reflexión.