O concello da Coruña vai organizar o seu propio Cultur.gal

Terá lugar a última fin de semana de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Despois de que a consellaría de Cultura retirara a partida orzamentaria que obrigou aos editores a suspender a edición deste ano do Cultur.gal, o concello da Coruña non quixo desarpoveitar o tirón que tivo a feira o ano pasado na cidade (con 40.000 visitas en 4 días) e acaba de anunciar que organizará un encontro semellante. Terá lugar na última semana novembro (fin de semana do 28 e 29) e, tal e como apuntan no web da concellaría de Cultura contará con mostras “dos produtos e traballos de todo o sector cultural”. Ademais, no mesmo sitio web, pon a disposición dos usuarios un correo electrónico para que o público decida cal é o nome que vai levar este encontro.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello da Coruña, Editores, Feira

Claves

Conceptos