O Cultur.gal é a gran feira da cultura do país, unha oportunidade para dar a coñecer os produtos culturais galegos e que na última edición congregou a 35.000 persoas. A Asociación Galega de Editores reuniuse a semana pasada co director xeral de Cultura para planificar e coordinar a presenza nas vindeiras feiras, cando López Barxas lle comunicou que non había orzamento para organizar a edición deste ano do Cultur.gal. Unha afirmación que non foi confirmada nin desmentida pola Consellaría de Cultura. Agora, os editores reuniranse a vindeira semana para ver que solucións e iniciativas desenvolver para este ano. En todo caso, o seu vicepresidente, Fran Alonso, apuntou que o futuro deste encontro pasa por crear unha fundación de carácter mixto que lle dea estabilidade ao acontecemento.
Os editores temen que este ano non haberá Cultur.gal pola falta de apoio de Cultura
A AGE reunirase a vindeira semana para tomar decisións ao respecto
13 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Feira, AGE, Fran Alonso...