A mobilización pola lingua bate marcas en Compostela

Entre 50 e 100.000 persoas participaron na marcha de domingo

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

As cifras de participación oscilan entre as 100.000 persoas da organización e as 50.000 que contabilizou a policía local. No entanto os medios coinciden en sinalar que a de onte foi, se non a maior, unha das mobilizacións máis importantes que se desenvolveron a prol da lingua no noso país. A convocatoria da plataforma Queremos Galego contou coa presenza de destacados persoeiros públicos do mundo da cultura e da política, e foi apoiada por preto de 500 entidades. A plataforma anunciou a súa intención de promover unha Iniciativa Lexislativa Popular a prol da lingua.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santiago de Compostela

Claves