A G2 elimina da súa programación as emisións sen subtítulos

Os dobradores celebran os 25 anos de profesión cunha xornada o día 31 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Despois de varias críticas por emitir na G2 (a segunda canle da CRTVG) series en versión orixinal sen subtítulos(A Xuíza Amy) a Televisión de Galicia acaba de eliminar eses contidos da súa grella de programación. A súa emisión fixo que Apradoga, asociación profesional dos dobradores galegos, solicitase unha xuntanza cos responsables da CRTVG para coñecer a política que se pretende seguir no eido da dobraxe, e que terá lugar este venres 16. Ademais, esta entidade pretende analizar a situación da dobraxe en galego con catro mesas redondas que terán lugar o 31 de outubro, e coas que Apradoga celebrará os 25 anos da dobraxe en Galicia.

*Noticia corrixida a 16/10/2009

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, Televisión de Galicia, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)