A CRTVG poñerá clausulas aos contratos de dobraxe

O director xeral da CRTVG xustifica a diminución da dobraxe ao aumentar a produción propia

24/11/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Mellorar a corrección lingüística e mesmo as condicións laborais dos traballadores da dobraxe. Isto é o que pretenderá a CRTVG a partir do ano que vén impoñendo diferentes cláusulas aos contratos de dobraxe. Así o asegurou no Parlamento o director xeral do ente público, Benigno Sánchez, como resposta a unha cuestión formulada polo deputado do BNG. Sánchez tamén recoñeceu a diminución das partidas relativas a dobraxe polo incremento da produción propia en detrimento da allea.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, BNG, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)