Os profesionais do sector audiovisual inician unha campaña contra o anteproxecto da Lei Xeral de Comunicación

Piden que as televisión invistan en produtos audiovisuais en calquera lingua do Estado

8/10/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Por ir contra da lexislación europea e, ao mesmo tempo, por supor un agravio para as pequenas produtoras que ofrecen puntos de vista singulares e fóra dos grandes grupos empresariais. A Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego, presidida por Vicente Montoto, acaba de iniciar unha campaña para pedirlle ao Executivo que modifique o seu anteproxecto de Lei Xeral da Comunicación Audiovisual para que os operadores de televisión estean obrigados a destinar o 5% dos seus ingresos á financiación de longametraxes, películas para televisión e documentais en calquera lingua oficial do Estado. Para iso, habilitaron un sitio web no que todo o mundo poida adscribirse.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, Asociacións, Comunicación Audiovisual