A Coordinadora do Audiovisual protesta contra a Lei do Audiovisual

Enviaranlle unha carta a Zapatero transmitindo a súa oposición ao anteproxecto

9/7/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Delegación do Goberno na Coruña recibirá hoxe a misiva que a Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego lle envían ao presidente do Goberno, José Luís rodríguez Zapatedro. Nela, os traballadores destes sector manifestan a súa total oposición ao anteproxecto da Lei Xeral do Audiovisual, ao considerar que tenta "desvirtuar a lexislación europea relativa á obriga das televisións de dedicar o 5 por cento ás producións cinematográficas de empresas independentes". Na carta, o colectivo tamén se opón a que esa porcentaxe se destine á produción de series. A ministra e o conselleiro de Cultura, o Instituto de de Cinematografía, os grupos parlamentarios galegos e españois e os colectivos estatais do sector tamén recibirán copias desta carta.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, A Coruña

Claves

Conceptos
Lugares