A actual Lei Xeral das Telecomunicacións establece que as televisións deberán investir un 5% dos seus ingresos no cine. Unha porcentaxe que nunca satisfixo os intereses das televisións e foi obxecto de conflito co goberno en numerosas ocasións. Agora, no anteproxecto de Lei Xeral da Comunicación Audiovisual que foi aprobado no último Consello de Ministros (e inicia así o seu trámite parlamentario) nese 5% tamén se poden incluír series de televisión. Iso sí, cunha limitación: o 60% desa porcentaxe obrigada ha de ser para financiar longametraxes. Ademais, a lei establece outro mecanismo corrector, o que obriga a TVE a dedicar un 1% máis que as cadeas privadas dos seus ingresos (un 6% en total). O control e o seguimento dos investimentos estará en mans do Consello Estatal de Medios Audiovisuais (entidade independente cuxos membros serán elixidos polo Parlamento con marioría de dous terzos), outra das grandes novidades do novo texto xurídico.
As series compartirán cos filmes o investimento obrigado do 5%
O anteproxecto aprobado no Consello de Ministros entra agora en trámite parlamentario
2 lecturas | Compartido 0 veces