Transformación do Instituto de CinematografÃa nunha Axencia Estatal para conseguir unha maior eficacia, regular a cota de pantalla do cine comunitario en sesións e non en dÃas e deduccións fiscais son algunhas das medidas que contempla o Proxecto de Lei do Cine que entra agora no Congreso. Analizamos as melloras e falamos con axentes do sector galego para coñecer a súa opinión e, de paso, preguntamos pola necesidade da reforma da Lei do Audiovisual Galego.
Antón Reixa, presidente do Clúster, asegura que “a valoración global é que é unha boa noticia, principalmente porque supuña que se desbloqueaba unha situación de conflicto, que tiña que ver coa actitude de determinadas entidades”. Reixa aludÃa aos desencontros previos á aprobación do texto polo Consello de Ministros. A Ministra de Cultura, Carmen Calvo, puxera especial acento nesta lexislatura en elaborar un documento que fose ben recibido por todos os sectores. Pero non foi exactamente asÃ. O consorcio de televisións comerciais (UTECA, acrónimo de Unión de Televisións Comerciais Asociadas) púxose en pé de guerra contra o incremento do 1% ao 5% que xa destinaban á compra e produción de cine europeo, tal e como regulaba a lei vixente (Lei 15/2001 de 9 de xullo). Ao final, a presión exercida polas televisións, obrigou á eliminación dese incremento e con isto, a solución do conflicto. Dolores Ben, presidenta da entidade que reúne os produtores independentes afirma que “en AGAPI laiámonos de que non se teña revisado a achega das televisións á produción de cine que, en definitiva, procura o desenvolvemento das obras audiovisuais independentes coma columnas fundamentais dun sistema de diversidade e liberdade de opinión dentro da industria audiovisual do Estado”. Ademais, Dolores Ben apunta que “ fixeron todo o posible para que non houbera ningunha modificación neste aspecto e non debemos esquecer que as televisións privadas operan con licencias públicas e gratuÃtas”.
A principal vantaxe
“Fundamentalmente para min o máis positivo é a introdución de medidas fiscais porque suporá un salto cualitativo para a viabilidade das producións”, asegura Antón Reixa. O anteproxecto da lei do cine contempla no seu artigo 21 os incentivos fiscais ao asegurar que o ICAA (no futuro a Axencia da CinematografÃa) fomentará “a constitución de agrupacións de interese económico ás que se lle aplicará os artigos 48 e 49 do citado refundido e demais normativa de acordo” e “os investimentos de capital-risco, no sector cinematográfico”. Un feito que se traduce no incremento do 15 ao 18 por cento a porcentaxe de desgravación fiscal para os investimentos de cine e audiovisual. Agapi, a través da súa presidenta, Dolores Ben, coincide con Antón Reixa neste punto e considera que este incremento nas desgravacións fiscais “suporá atraer máis capital para a industria cinematográfica”.
Medidas coma esta suporán un aliciente para inversores independentes xeralmente alleos á producción cinematográfica. De feito, España estaba á cola dos paÃses europeos en canto a incentivos de sistemas fiscais. Haberá que agardar a ver se esta medida acada o seu obxectivo, de atraer novas vÃas de financiamento.
As principais medidas
Entre as novidades que presenta o novo texto destaca o reforzamento do Fondo de Protección á CinematografÃa e ao Audiovisual que ofrecerá seguridade financeira aos profesionais. Este fondo continuará a estar xestionado polo ICAA e financiado anualmente a cargo dos Orzamentos Xerais do Estado, que supón un incremento (100 millóns para os vindeiros catro anos) con respecto ao sistema actual.
Co futuro texto lexislativo refórzase a tutela para o mantemento da libre competencia nas relacións empresariais, sobre todo no ámbito da distribución e exhibición, con medidas como a contratación de filmes por lotes que garante a contratación doutros formatos. Polo demais, na defensa do cine comunitario nas pantallas de cine mantense a cota de pantalla (que levantara tanto debate na lei do 2001).
Ademais, a lei pon especial acento nas definicións de diferentes obras cinematográficas e audiovisuais, pero sobre todo nas que fan fincapé nos sectores independentes tanto no ámbito da producción como no da distribución e no da exhibición. Un aspecto que desde AGAPI consideran como “un cambio fundamental de perspectiva e de funcionamento”
O anteproxecto tamén contempla a aparición das novas tecnoloxÃas, en parte pola aparición de distribuidoras independentes (Wanda, Alta, Vértigo e Golem) que xa solicitaron ao goberno que o novo texto contemplase a súa función. Canda el, a incorporación de tecnoloxÃa dixital nas salas, a desaparición da copia fÃsica... son algunhas das medidas que evidencia que a conversión do analóxico a dixital non só é irreversible senón que xa está aquÃ. Entre os cambios que ofrece esta lei está o de “fomentar a realización de actividades de I+D+i no ámbito cinematográfico e audiovisual” e no apartado de “outras axudas e incentivos” recoñecen incentivos para a realización de outras audiovisuais que, empregando novas tecnoloxÃas, estean destinadas á súa difusión en medios distintos ás salas de exhibición, televisión ou vÃdeo doméstico”.
O cambio do marco lexislativo galego
Galicia é a primeira comunidade do Estado que conta cunha lei propia para o audiovisual. O texto 6/1999 de 1 de setembro foi un fito na lexislación do sector. Sen embargo, o texto marca só definicións e principios de acción institucional, sen ofrecer medidas ou liñas de actuación concretas que axuden a regular o audiovisual como un sector cultural pero de Ãndole empresarial.
Co bipartito, as competencias do sector audiovisual repartÃronse entre Cultura e a SecretarÃa Xeral de Comunicación, un feito que determinou cambios con respecto ao que establece o actual marco normativo, ademais de crearse entidades novas como a Axencia Audiovisual Galega. O pasado mes de decembro, o Director Xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández, contestou a unha pregunta deste medio con respecto ao atraso do nomeamento do director do CGAI e apuntou que o seu departamento estaba a ultimar un decreto que permitira o funcionamento organizado do centro. En todo caso, no horizonte deste departamento xa figuraba a reorganización total do panorama do audiovisual que non se producirá antes dous ou tres anos xa que precisa de consenso de todos os sectores implicados.
Neste sentido, a presidenta de AGAPI apunta que de aprobarse a lei estatal a finais de ano (tal e como está previsto) “deberÃase de comezar a traballar na necesaria reforma da nosa Lei Galega do Audiovisual, co fin de adaptala e facela operativa para dar resposta ás necesidades actuais e futuras do sector”. Agora ben, recoñecen que “a reforma da Lei Galega do Audiovisual vai a ser un arduo traballo para todos, Administración e sector”.
Por último, hai que pensar que non é un texto definitivo. O anteproxecto aprobado polo Goberno, malia que conta co apoio dos diferentes grupos parlamentarios, debe iniciar o seu trámite parlamentario. O que non garante que o texto que se aprobe sexa exactamente o que está redactado a dÃa de hoxe. De feito, Dolores Ben apunta que “queda moito traballo por diante nas Cortes e serÃa desexable que ese consenso que manifestaron produtoras e televisións seguira existindo e non se desvirtuara o Proxecto inicial da Lei do Cine que aprobou o Consello de Ministros”. En todo caso, a súa valoración é que “dadas as circunstancias da negociación e os intereses tan diversos, o resultado é bastante satisfactorio, sobre todo nos aspectos de financiamento e o consenso acadado”.