Os arquitectos celebran o seu Día da Arquitectura reflexionando sobre o seu papel ante a crise

Cada delegación celebrará a efeméride cunha proposta diferente

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Dinamismo do Arquitecto fronte ás crises globais. Este é o lema baixo o que os arquitectos celebran o luns 5 o Día Mundial da Arquitectura, efeméride posta en marcha polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) e a Unión Internacional de Arquitectos (UIA). Un tema xeral que da pé a sete reflexións distintas, unha por cada delegación que o luns desenvolverán un intenso programa de actividades. Santiago ofrecerá unha instalación na Praza da Quintana, a da Coruña reflexionará sobre os espazos públicos engadidos, mentres que a de Ferrol, entre outras, afondará nos concepto da paisaxe partindo das Fragas do Eume.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Sete camiños e un día

Sete camiños e un día

Os arquitectos celebran o seu día ofrecendo a súa visión sobre o Camiño de Santiago

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Paisaxe, Eume, Praza da Quintana

Claves