A programación da G2, a segunda canle da TVG, vaise reforzando pouco a pouco. Para o outono, a cadea prepara un magazine cultural que pretende ser a referencia da súa programación. Un espazo que será conducido por “un condutor de recoñecido prestixio”, como apunta a nota de prensa da CRTVG, e mesturará información e entretemento sobre a cultura máis actual. Canda iso, a G2 compilará todos os programas culturais da TVG para emitilos en horario de serán, xunto con informativos, e series da galega (tanto de produción propia como As leis de Celavella ou allea como Dawson Creek), e filmes en versión orixinal con subtÃtulos en galego. A programación completarase as fins de semana con retransmisión deportivas e, posiblemente, a redifusión do programa En xogo.