A Xunta asina dez novos convenios para a promoción do galego en universidades estranxeiras

Destinará 650.000 euros a estes fines que terán vixencia ata o 2012

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Ata dez universidades de diferentes destinos como Portugal, Estremadura, Francia, Padova, Granada ou Murcia, acaban de asinar respectivos convenios coa Secretaría Xeral de Política Lingüística para a investigación e promoción da lingua e literatura galega. En total destinaranse 650.000 euros a estas iniciativas e estarán en vigor ata o 2012. Estes dez convenios engádense aos seis asinados no pasado mes de setembro, que se traducen en xornadas, compras de libros, discos e vídeos e na presenza dun profesor-lector nomeado pola Xunta.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Literatura, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Murcia...