A Xunta renova acordos con seis universidades estranxeiras para promover o galego

Implica actividades de investigación, compra de libros, discos e películas

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

Representantes das universidades de Barcelona, Bahía, Tübingen, Wales, Nova de Lisboa e o Queen College de Oxford acaban de renovar os convenios co Secretario Xeral de Política Lingüística para a docencia, investigación e promoción do galego neses centros. En total destinaranse 330.000 euros a desenvolver este traballo ata o ano 2012 . Entre as obrigas figura a de organizar actividades de investigación, promoción e difusión da nosa lingua, adquirir material bibliográfico, fonográfico e audiovisual e acoller ou contratar un profesor-lector nomeado pola Xunta.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Lisboa, Barcelona, Lingua galega