Sao Paulo (Brasil) desenvolve desde hai quince anos un proxecto cultural para facer circular a arte e intervir sobre a cidade. Primeiro comezou nun matadoiro situado na zona sur; despois en tres edificios do centro e actualmente está na antiga zona industrial que ocupa 10 quilómetros cadrados no leste da cidade. O encargado de comisariar e coordinar este proxecto é o filósofo Nelson Brissac, que estará hoxe no Consello da Cultura Galega para explicar a dimensión social e artística. A súa conferencia insírese no marco da xornadas Arte+espazo público que coordina María Luisa Sobrino.

