En 1994, Nelson Brissac comezou a desenvolver un proxecto artÃstico e social en São Paulo. A megalópole brasileira era o escenario, pero tamén o obxecto sobre o que os artistas interveñen a partir dun tema de reflexión. Tres lustros despois, Arte/Cidade é un dos exemplos de intervención artÃstica na rúa máis importantes do mundo feito, ademais, sen orzamento e unha sede fixa. Aproveitamos a presenza de Brissac en Santiago para preguntarlle polas relacións non sempre ben comprendidas da arte, a sociedade e a cidade.
“A finais dos oitenta houbo unha discusión posmoderna entre escultura, arquitectura e os diferentes medios nos que se consideraba que a cidade era o panel de fondo para esas relacións” explica Brissac cando se lle pregunta pola xénese do proxecto. Foi nese momento, a principios dos noventa, no que este filósofo decidiu iniciar un proxecto (Arte/cidade) que pretendÃa que os artistas reflexionaran sobre a cidade e a integraran nas súas intervencións. No primeiro momento, o proxecto contou co apoio público, pero esa etapa durou pouco porque “pronto minguaron os recursos e o Estado afastouse da Administración da cultura que derivou en que moitas administracións pecharan e as que non o fixeron, privatizáronse”. Nese momento Brissac abandeirou un proxecto que ofrecÃa un cambio nas condicións de produción da arte en Brasil, un novo escenario e outra forma de traballar.
Un proxecto de sona internacional que non ten orzamento
Nelson Félix, Laura VinciÂ… son algúns dos nomes dos artistas que pasaron por este proxecto, pero a nómina é realmente destacada. “Hai que ter en conta que se trata dun proceso público, onde todas as intervencións deben entender o espazo onde moitas persoas fan moitas cousas e o teu traballo vai ser unha actividade máis, pero non a única” apunta Brissac. Pero, na súa opinión, tamén lle permitiu aos artistas relacionarse con outros ambientes, modificar o seu repertorio e cambiar de materiais. E todo isto sen orzamento. “Brasil non ten ningún soporte público para desenvolver proxecto deste tipo” afirma con rotundidade Nelson Brissac. EntónÂ… ¿a clave? “Faise con máis tempo do que se necesitarÃa para desenvolver este proxecto e con dedicación parcial de toda a xente implicada, que necesita ter outro traballo para vivir” explica. Pero funciona. Leva xa varias edicións nas que conseguiron artellar zonas en desuso da cidade.
Espazos xa construÃdos sen usos
Nelson Brisac tamén coñece o caso de equipamentos que xurdiron cunha vocación cultural no seu momento pero que hoxe non desenvolven o seu uso inicial. São Paulo tamén ten a súa peculiar “Cidade da Cultura”, aÃnda que cunha xénese distinta. A cidade brasileira conta cunha rede ferroviaria moi coñecida, cunha estrutura urbana ao seu redor moi peculiar e que estaba rodeada por construcións antigas. “No seu momento, sen ningún tipo de sensibilidade e respecto polo noso patrimonio histórico, foi derrubada para que o arquitecto Óscar Niemayer desenvolvera o proxecto dun centro de exposición iberoamericana (Memorial de América Latina) que hoxe é un deserto, que non ten ningún uso” explica Brissac que agora mesmo ten en mente desenvolver un proxecto sobre este espazo. Pero este filósofo considera que “rescatar e instaurar o sentido cultural a este tipo de espazos, ha de ser o resultado doutros axentes e protagonistas diferentes dos polÃticos”. Na súa opinión ha de partir da dinámica cultural e creativa da cidade que son os que, no fondo, poden prover de contidos e de actividade a ese espazo. Iso si, advirte que “o importante non é a arquitectura, senón os usos, a flexibilidade de usos para despois”. Pero existe outro factor a maiores para encher de contidos un espazo que é “que non é necesario ter cartos para desenvolver un proxecto cultural, senón que é cuestión de vontade cultural e polÃtica para fomentar procesos de creación que non teñen que ser espectaculares”.
Galicia como posición estratéxica
Brissac quedou impresionado polo complexo do monte Gaiás e chegou a afirmar que “A cidade da Cultura é monstruosa”. Sen embargo, considera que pode desenvolver un papel importante no futuro. “Galicia están nunha posición estratéxica tanto fÃsica como histórica e culturalmente para desenvolver o seu potencial” apunta Brissac ao lembrar a presenza galega en Latinoamérica. “Hoxe en dÃa pénsase na globalización e Galicia ten todas as condicións para exercer de artelladora entre a penÃnsula ibérica e Latinoamérica”.