Conseguir un Camiño de Santiago máis harmónico, cunha imaxe impecable e que reflicta as singularidades propias das construcións do paÃs. Estes son os obxectivos que persegue o último plan de rehabilitación que acaban de presentar o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e o de Medio Ambiente, AgustÃn Hernández. En total destinarán 16 millóns de euros (un máximo de 23.600 euros por vivenda) para mellorar as vivendas próximas aos trazados do Camiño. Nesta mesma liña, Cultura xa ten en marcha un plan para mellorar os espazos públicos (fontes, lavadoiros, carballeirasÂ…) e prepara unha nova orde de axudas para conservar o patrimonio etnográfico.