O Plan de Rehabilitación premitirá recuperar mil vivendas en Galicia

Unha grande parte das mesmas están integradas en cascos históricos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Trinta millóns de euros, sumando achegas da Xunta, o Ministerio de Vivenda, os concellos e os particulares, permitirán recuperar mil vivendas degradas no noso país. A Comisión Bilateral de Vivenda, formada por representantes do Goberno Autonómico e do Central, acordou onte as axudas destinadas a vivendas situadas nalgunha das 43 Áreas de Rehabilitación existentes en 30 concellos do noso país, boa parte das cales se corresponden con conxuntos históricos degradados. Segundo esta liña de axudas, os propietarios unicamente deberán achegar o 32% do custo total da obra. No mesmo encontro, a comisión acordou declarar zona de rehabilitación o Camiño Francés, o que permitirá futuras actuacións deste tipo no contorno da ruta.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño Francés

Claves

Conceptos