Nove concellos entran no programa de rehabilitación de Fomento e a Xunta

Un 70% de subvención

| Santiago. Redacción. | Seccións: Sociedade
Compartir:
Nove concellos veranse beneficiados polas novas liñas de axudas á rehabilitación de cascos históricos, segundo aprobou onte o Consello da Xunta. En total, 278 vivendas dos cascos históricos de Allariz, Chantada, Mondoñedo, Ourense, Ribadavia, Ribadeo, Tui, Vilalba e Viveiro beneficiaranse dunha liña de subvencións á rehabilitación ata nun 70% do importe total, cun límite máximo de 8000 euros. O orzamento supera os 5 millóns de euros e está achegado polo Ministerio de Fomento, o Instituto Galego da Vivenda e Solo e os concellos.

Máis información na edición de hoxe de El Progreso e en Galicia Terceiro Milenio

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El Progreso, Ministerio de Fomento, Chantada, Ourense...