A rehabilitación de vivendas terá 22 millóns de euros en axudas

As axudas destinaranse á recuperación de casas no rural e en cascos históricos

25/2/2009 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
3 lecturas | Compartido 0 veces
A Consellaría de Vivenda abre mañá o prazo para solicitar as axudas á rehabilitación de vivendas en cascos históricos e mais en zonas rurais. En total, destínanse 21,8 millóns de euros a este fin entre este ano e 2011. As axudas cobren ata un 50% do orzamento protexible, cunha contía máxima de 24.000 euros en obras de rehabilitación e 30.000 en proxectos de renovación. Os interesados teñen ata o vindeiro 1 de setembro para facer as súas propostas.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos