O CGAC, aínda sen director, presenta a súa programación ata fin de ano

A fotografía abre a temporada coa mostra Familiar Feelings. Sobre o grupo de Boston

| Santiago. Redacion | Seccións: Arte
Compartir:

Aínda sen ter fechado o proceso de selección do seu novo director, o Centro Galego de Arte Contemporánea adiantaba hoxe a súa programación ata o final do ano. Familiar Feelings. Sobre o grupo de Boston é a exposición, centrada na fotografía desta coñecida escola, que abre a temporada o vindeiro 24 de setembro. A inuaguración contará coa presenza dos membros do colectivo artístico que aínda viven. A partir do 8 de outubro será do xoves 8, Dora García a protagonista no centro. A exposición Onde van os personaxes cando remata a novela? indaga no proceso creativo mediante sete obras. Para decembro está prevista a apertura de Sur le dandysme aujourd´hui. Do manequín no escaparate á estrela mediática, un proxecto do colectivo “RMS” La Asociación que reflexiona sobre a figura do dandi e a súa relación coa arte.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

As razóns dos meus amigos

As razóns dos meus amigos

O CGAC completa a revisión dos rupturistas anos 70 cunha retrospectiva sobre o grupo de Boston

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)