Antes que a SIDA rebentara a taxa de mortalidade, antes das teorÃas queer, antes da desastre de VietnamÂ… un grupo de amigos con inquedanzas artÃsticas, colleron a cámara e retrataron a realidade coa crueza que nunca antes se fixera. Fotografáronse a si mesmos, aos seus amigos e a unha sociedade americana que espertaba axitadamente do seu soño. O CGAC presenta Familiar feelings, a exposición máis completa e ambiciosa sobre este nutrido grupo de artistas (hoxe coñecidos como a Escola de Boston e nos que destaca Nan Goldin) cos que completa a revisión da década dos 70 e pecha un ciclo.
Malia que se lles coñece como Escola de Boston en realidade non son un grupo con influencias definidas e caracterÃsticas comúns susceptibles de ser teorizadas. Son máis ben un conxunto de individualidades hoxe moi coñecidas e divulgadas que coincidiron nun tempo (nos convulsos anos 70) e que marcaron un fito na historia da fotografÃa.
Nan Goldin, unha das fotógrafas documentalistas máis coñecidas e imitadas do mundo, rexeitaba nos anos noventa facer unha exposición sobre si mesma e propuxo, de xeito coloquial facelo sobre “o Grupo de Boston”. Foi asà como aquela forma de falar dunha xente que coincidiu na School of the Museum of Fine Arts ou na Massachusetts College of Art acabou por converterse na “Escola de Boston” que deu nome a unha exposición no ICA de Boston en 1996.
Familiar feelings. Sobre o Grupo de Boston non é só unha exposición de fotografÃa, é unha mostra de grande formato que situará ao CGAC no mapa das grandes exposicións do panorama internacional. Once artistas (entre os que figuran os grandes nomes da fotografÃa contemporánea como Nan Goldin ou Philip-Lorca diCorcia), arredor de trescentas obras de arte ofrecen a revisión máis completa que se fixo nunca deste grupo revolucionario e anticonvencionalista que marcaron un fito na historia da fotografÃa. Ademais, Familiar feelings pecha un ciclo definido por Manuel Olveira, marcado pola revisión ás prácticas e movementos artÃsticos dos anos setenta, descoidados no CGAC ata a súa chegada e que foron o xermolo de moitas das correntes artÃsticas que chegaron despois.
FotografÃa de familia
Non é gratuÃto que o comisario Manuel Segade escollera o tÃtulo de Familiar Feelings para esta exposición. Primeiramente porque neste grupo houbo un interese consciente de entrar cos obxectivos a plasmar as súas propias vidas, a súa intimidade desde un punto de vista case familiar. Retrataron xeitos de vida non lexitimados polo conxunto social con personaxes da noite, vidas marxinais, adicións, experiencias sexuaisÂ… cun grado de intimidade descoñecido ata o momento, rachando as barreiras entre o público e o privado. De feito, unha das grandes achegas deste grupo á fotografÃa contemporánea foi desafiar as convencións do medio fotográfico e exhibir a realidade cun grado de veracidade nunca explorado e hoxe moi imitado. Coas súas cámaras inmortalizaron a súa propia vida, e a dos seus amigos, parellas e coñecidos, por iso, case cómpre un mapa sentimental dos artistas para visitar esta exposición que hoxe abre as súas portas no CGAC. Hai acenos entre os artistas, instantáneas de Nan Goldin de outros artistas, Gail Thacker fotografÃa a Mark Morrisroe que tamén está presente na exposición con, entre outras, imaxes das súas propias radiografÃas cando está no hospital e non pode saÃr... Todo isto ao lado de ao lado de autorretratos, amigos comúns, ou mesmo series de imaxes dunha persoa ao longo dunha década. Imaxes que nos permiten ir vendo tanto a degradación moral da sociedade americana dos setenta. Por exemplo, a noiva fotografada na súa Balada da dependencia sexual (diaporama con banda sonora que figura en colección como a Tate Modern de Londres ou o MoMa de Nova York) aparece despois no cadaleito na súa morte.
Pero tamén é familiar porque nas viaxes documentais que tivo que facer Manuel Segade aos Estados Unidos, acabou por entrar nunha dinámica case de mesa de braseiro, no que ao tempo que os artistas o recibÃan, acabaron por rebuscar nos armarios e debaixo das camas na procura de obras nunca exhibidas que se poden ver nesta mostra do CGAC. Por iso, na exposición que hoxe abre as súas portas se exhiben obras descoñecidas e inéditas que nunca antes colgaron en ningunha galerÃa e en ningún museo. De feito, hai obras que permitirán descubrir á Nan Goldin inicial. Ademais, ese sentimento familiar vai trascenden as propias obras de arte e poderase respirar na propia festa de inauguración. Jack Pierson, un dos artistas que aparecen nesta exposición está de aniversario hoxe. Unha celebración que os seus amigos quixeron aproveitar para vir ata Santiago, participar na apertura da exposición e festexalo case en familia.
Novidades e particularidades
Para coñecer polo miúdo a obra e o traballo dos 11 artistas (Diane Arbus, David Armstrong, Larry Clark, Philip-Lorca diCorcia, Nan Goldin, Mark Morrisroe, Jack Pierson, Tabboo!, Gail Thacker, Shellburne Thurber, Starn Twins, Kathleen White) que conforman esta exposición, o seu comisario pensou na introdución de textos en sala de carácter explicativo. É a primeira vez que se fai no CGAC e están pensados como engadido narrativo ao deseño expositivo. Pero non é a única particularidade na organización de Familiar Feelings, xa que o catálogo da propia exposición será unha publicación moi particular. Non haberá textos descritivos e teóricos de cada un dos artistas, senón que Segade optou por deixarlles a palabra aos creadores e introducir as súas entrevistas. É o complemento para un traballo que quixo exhibir a parte máis emocional e subxectiva da fotografÃa contemporánea.

Shellburne THURBER. Mark Painting John´s Portrait,1989
Fonte: CGAC
David ARMSTRONG. Untitled (Me and Kevin on the beach with Babe_ Cape Cod), 1979
Fonte: CGAC
Diane ARBUS. A young negro boy, Washington Square Park, N.Y.C., 1965
Fonte: CGAC
Familiar feelings
Nan Goldin. Picnic on the Esplanade, 1973 Fonte: CGAC
Mark MORRISROE. Fascination, 1982
Nan Goldin. Greerandrobert NY, 1982
Fonte: CGAC
Philip-Lorca diCorcia, Vittorio, 1989
Fonte: CGAC
Nan Goldin. Ivy in the Boston Garden back. Boston, 1973
Gail Thacker. Mark Morrisroe In Bed, 1989. (3-6)
Fonte: CGAC
Jack Pierson. In every dream home 300.
Fonte: CGAC
TABBOO! Jayne Is Sexy & Dick Is Too,1981
Fonte: CGAC
Nan Goldin. Roommate with teacup, 1973
Fonte: CGAC