O Consello de Contas recomenda un maior control no IGAEM

A xestión deste organismo en 2006 incluíu irregularidades contables e na contratación

| Santiago. Redacion | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A falta dun rexistro axeitado de contratos, a imputación errónea de gastos a apartados que non lles correspondían e a falta de planificación na actividade son as principais críticas que o Consello de Contas fai sobre o IGAEM. O organismo publicou recentemente o informe sobre a actividade do Instituto de Artes Escénicas de Musicais en 2006, recomendando desenvolver mecanismos de control e programas de obxectivos de cara a lograr unha maior previsión orzamentaria. O deputado do Partido Popular Ignacio López Chaves aproveitou este informe para denunciar as irregularidades do goberno bipartito na xestión do organismo teatral.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con IGAEM, Artes Escénicas, Partido Popular

Claves

Conceptos