O PP denuncia a existencia de contratacións irregulares no Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais

Contratos a escena

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O voceiro de Cultura do PPdeG, Ignacio López-Chávez, denunciaba onte no Parlamento a contratación irregular dun xefe do gabinete técnico do Instituto de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) entre outras prazas desta entidade. Segundo López-Chaves, este posto cubriuse coma persoal laboral de alta dirección, o que contradixo alegacións da Intervención Xeral da Xunta. Ao tempo, acusou a Consellaría de Cultura de ocultar información sobre outros procesos deste tipo. Pola súa banda, Ánxela Bugallo, titular do departamento, lembrou que esta contratación se realizou co apoio dos membros do PP no Consello Rector do Instituto e que, por outra banda, non se alterou o número de prazas no IGAEM.

Máis información en Galicia Hoxe, en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, IGAEM, Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais, Ánxela Bugallo...