A Capela de San Roque é un dos edificios máis emblemáticos de Sada. Pertence ao concello desde os anos sesenta e no 2007 levouse a cabo unha remodelación do espazo. Unha reforma que eliminou a sancristÃa e que fora polémica no seu momento xa que non contara co permiso da Dirección Xeral de Patrimonio, malia estar catalogada como Patrimonio Histórico. Desde entón, Arzobispado e Patrimonio autorizaron o cambio de uso do edificio, para pasara a albergar actividades culturais. Sen embargo, e malia que o concello aprobou o seu uso no 20008, o edificio permanece baleiro e está pechado. Segundo publica hoxe El Ideal Gallego, o edificio necesitarÃa dun novo investimento de cara á súa apertura como centro cultural.