O proxecto do centro cultural de Caixanova en El Pilar xa está desbloqueado

Patrimonio obrigou a facer modificacións ao proxecto de restauración

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O edificio do Pilar converterase finalmente no Centro Cultural de Caixanova para Santiago. Segundo publica hoxe, La Voz de Galicia, o concello aprobará este mesmo mes a Modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal que permite a conversión do edificio no complexo cultural da entidade financeira. O centro contará con modificacións con respecto ao proxecto inicial, tal e como esixiu Patrimonio, que obriga á conservación dun tramo da escaleira do inmoble, así como algúns elementos internos. Malia que as previsións iniciais eran que o centro abrira as súas portas a finais de 2009, os atracos coas licenzas e autorizacións urbanísticas, adían esa a estrea ata 2010.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixanova, La Voz de Galicia

Claves