Glenat vai editar nun volume a triloxía de Cita na Habana de Fran Jaraba

A obra fora publicada en galego por Xerais

| Santiago. Redacion | Seccións: Arte
Compartir:

A filial española da editorial francesa Glenat publicará en breve a triloxía Cita na Habana de Fran Jaraba, nun único volume baixo o título De sangre y ron. Mi Cuba. Deste xeito, péchanse as negociacións que o autor estivo mantendo coa editorial desde o Salón do Cómic de Barcelona. A obra, de coidada ambientación histórica, conta a historia dun soldado que se enrola no exército por unha cuestión de namoramento. Cita na Habana fora editada en galego no seu momento por Xerais. A nova edición de Glénat non conterá material inédito propiamente dito, mais Jaraba retocou algunhas páxinas da obra e redebuxou e deu cor de novo a outras. Ademais o volume levará textos explicativos da Guerra de Cuba e comentarios do autor. Agárdase que De sangre y ron saia publicado para finais de ano, probablemente como novidade de luxo para o Nadal, en palabras do coordenador editorial Hernán Migoya.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cuba, Guerra, Nadal, Cómic...

Claves

Conceptos
Lugares