Xa está na rúa o volume De sangre y ron, mi Cuba, de Fran Jaraba

El Patito anuncia á súa vez a creación da colección Universo Galimatías

15/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
51 lecturas | Compartido 0 veces
A editorial Glénat ten xa nas librarías De sangre y ron, mi Cuba, de Fran Jaraba. O volume recompila a triloxía de cómic ambientando na Guerra de Independencia deste país que xa publicara Fran Jaraba con Xerais. No web da editora pode lerse o prólogo que fixo Miguelanxo Prado para a obra e mais a introdución histórica do propio Jaraba. Pola súa banda, El Patito Editorial sinala que está na rúa Vento do Norte, de Álex Cal, título abre a colección Universo Galimatías. Baixo este epígrafe irán vendo a luz as diferentes series que se están a publicar na referida revista, con títulos como Causas nobres de Fran Bueno, A mansión dos murmurios de Tirso Cons e Silvana. A filla do explorador de Ramón Marcos.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Conceptos
Lugares