Padre Casares terá versión cinematográfica con axuda de Agadic

Resoltas as convocatorias de produción e as de desenvolvemento e fomento do talento audiovisual

| | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A web de Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) publica hoxe as resolucións das convocatorias de axuda para producións, coproducións, desenvolvemento e promocion do talento do audiovisual galego. En total repartirán preto de cinco millón de euros en catro anualidades entre unhas oitenta producións. Entre os títulos destaca, a versión cinematográfica de Padre Casares, a popular serie producida por Voz Audiovisual que emite cada luns a TVG. As historias de Eduardo Barreiros (o Henry Ford Galego), Emilia Pardo Bazán (a condesa rebelde) son outras dos traballos que o audiovisual levará á pequena e á gran pantalla.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emilia Pardo Bazán, Voz Audiovisual, TVG, Axencia Galega das Industrias Culturais...