Álex Cal e Álvaro López ultiman a publicación de novos cómics

López publica Habitación 13 en agosto e Cal, G.I.Joe en setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Álex Cal e Álvaro López ultiman a publicación de novos cómics

O debuxante vigués Álex Cal, convidado á edición deste ano de Viñetas desde o Atlántico, asina un novo título de acción para o mercado americano. Trátase de G.I.Joe Origins nº7, con guións de Chuck Dixon. Verá a luz o vindeiro mes de setembro baixo a editorial IDW. Prevese que ao longo dos próximos meses saian ata catro cómics máis da franquía bélica debuxados polo ilustrador galego.

Máis axiña estará á disposición dos lectores o novo título de Álvaro López. O deseñador coruñés compila neste seu novo Habitación 13 os capítulos que viñera publicando na revista Barsowia. Ademais do prólogo que saira en 2006 no tomo Barsowia en Llamas, a publicación de 36 páxinas recollerá un epílogo inédito e levará unha chapa de agasallo. Estará á venda en Viñetas desde o Atlántico a partir do 10 de agosto.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Álvaro López, Viñetas desde o Atlántico, Barsowia, Atlántico

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares