Un congreso internacional e unha exposición homenaxearán a Torrente Ballester

O centenario do nacemento de Carvalho Calero terá un marcado carácter institucional

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

No 2010, ademais de ser Ano Xacobeo, terá lugar os centenarios de dúas figuras recoñecidas da cultura galega e ambos os dous nados en Ferrol: dunha banda Gonzalo Torrente Ballester (1910-1999), un dos referentes da novela europea do século XX, e da outra, Ricardo Carvalho Calero (1910-1990). Para conmemorar o de Torrente Ballester haberá un congreso internacional que pretende manter viva a memoria do autor de Los gozos y las sombras, así como unha exposición que achegará tanto a súa faceta profesional como persoal. Canda este, o centenario de Carvalho Calero terá un marcado carácter institucional e o concello debaterá en pleno nos vindeiros días a programación para celebralo. En todo caso, a sociedade Medulio xa se adiantou ao solicitar unha casa-museo que perpetúe a súa memoria.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carvalho Calero, Gonzalo Torrente Ballester, Ano Xacobeo, Museos