Teatro noctámbulo

Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia 2009

Desafiando ao mal tempo, a MIT de Ribadavia (Mostra Internacional de Teatro) estera hoxe as súas sesións “golfas”, para os que queira continuar co teatro ata altas horas da madrugada. Faino con Maté a un tipo a primeira obra de Bambalinas Asesinas, a compañía formada por Sergio Pazos e Tonino. Canda eles, o canadiense Mr Bunk , Cándido Pazó e a Compañía do Elefante elegante completan unha xornada moi teatral.

Xoves 23

10:00 horas: Curso de interpretación. Casa da Cultura
20:00 horas. Tristán cara de can. Compañía do elefante elegante (Galicia-Portugal) Francelos.
Sinopse: Tristán é un home tan mal encarado e tan desgraciado que parece un can. Ou quizais parecer un can é o que lle fai estar sempre triste e enfadadao, e co ceño fruncido. Un día, desesperado, decide que non necesita para nada o seu corazón e dallo a un paxaro que o leva moi lonxe. Así, Tristan continúa vivindo desconfiado, ladrando por todo e sen que unha so sorriso asome á súa cara. Sen embargo, de repente, aparecerá na súa vida, unha misteriosa caixa cunha boneca de trapo que non está disposta a que Tristán quede coa súa cara de can para sempre.



21:00 horas. Mr. Bunk. (Canadá). Praza Maior
Sinopse: Ás veces os festivales invítanme a vir e xogar coa xente. Logo vou, e xogo. Con nenos e con adultos. O tipo de espectáculo que facemos parte da nada. Actúo coma nun xogo. Sempre busco a alguén máis para xogar ao tipo malo. A miudo, amoso caramelos aos nños. Isto causa todo tipo de problemas…




23:00 horas: A piragua Abrapalabra (Galicia). Auditorio
Sinopse: É lícito aparcar unha piragua nunha praza de garaxe dun edificio? A comunidade de propietarios divídese nos seus pareceres: nin os estatutos da comunidade nin a Lei de Propiedade Horizontal din nada en relación pero, segundo argumentan outros propietarios, as cousas son como son, como teñen que ser, e as prazas de garaxe foron creadas para ter nelas vehículos automóbiles.
Acompañando aos veciños no desenvolvemento desta desavinza, descubrimos que nun dos pisos está a producirse unha situación de violencia doméstica. É unha circunstancia que sempre existiu pero que ultimamente está aumentando e cobrando máis visibilidade debido á nova actitude da vítima, Rosa, unha muller que, farta de aguantar, decide enfrontarse para establecer unhas novas regras de xogo. Poderán ser as cousas doutra maneira?

01:00 horas: Maté a un tipo. Bambalinas Asesinas (Madrid). Casa da Cultura.
Sinopse: Quen non sentiu verdadeiros desexos de matar ao tipo que demora horas diante de nós no caixeiro automático? Encubrirás á túa parella ou ao teu pai se che confesase que se converteron de súpeto nuns atípicos asasinos en serie? Maté a un tipo é unha comedia negra que se converte en drama surrealista ata que un psicólogo empeza a afondar nas relación desta familia de clase media onde o hábito de matar acaba por se converter nun auténtico vicio.