Música para cómicos

Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia 2009

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Luca Domenicali e Danilo Maggio

Luca Domenicali e Danilo Maggio

Son italianos, están na onda de Les Luthiers e arrasan por toda Europa. Chámanse Luca Domenicali e Danilo Maggio e son o prato forte da sesión de hoxe da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. O encontro atravesa o seu ecuador e desafía a altera amarela cunha programación moi internacional.

Mércores 22

10:00 horas: Curso de interpretación. Casa da Cultura
20:00 horas. Tristán cara de can. Compañía do elefante elegante (Galicia-Portugal). Francelos.
Sinopse: Tristán é un home tan mal encarado e tan desgraciado que parece un can. Ou quizais parecer un can é o que lle fai estar sempre triste e enfadadao, e co ceño fruncido. Un día, desesperado, decide que non necesita para nada o seu corazón e dallo a un paxaro que o leva moi lonxe. Así, Tristan continúa vivindo desconfiado, ladrando por todo e sen que unha so sorriso asome á súa cara. Sen embargo, de repente, aparecerá na súa vida, unha misteriosa caixa cunha boneca de trapo que non está disposta a que Tristán quede coa súa cara de can para sempre.

20:00 horas. Unha rampa para ti. Fiar (Portugal). Alameda.
23:00 horas: SMS (Strange Music Symphony) Microband (Italia). Auditorio
Sinopse: Unha sucesión de gags musicales a cargo de dous coñecidos cómicos italianos que interpretarán a Beethoven, Rossini, Bach, Julio Iglesias, Bob Dylan… como nunca
antes se viu nin escoitou: facendo sonar melodiosamente unha flauta co nariz, convertindo globos en gaitas ou interpretando un dúo para dous medios violíns. E o curioso é que estes dous virtuosos conseguen que todo sone melodiosamente.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Italia, Europa...