Unha comisión de expertos decidirá as compras de libros para a Biblioteca de Galicia

O centro abrirá as súas portas ao público en xullo de 2010

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Roberto Varela, conselleiro de Cultura, anunciou en repetidas ocasións que abrirá a Biblioteca de Galicia (antes denominada Biblioteca Nacional) en pleno Ano Xacobeo, en xullo de 2010. Ademais, xa anunciou a súa intención de facelo cunha “grande exposición conmemorativa para todos os públicos”. Pero ata entón queda un longo camiño por percorrer que vai desde dotar o edificio (xa completamente rematado e en funcionamento) dos servizos necesarios para a súa apertura ao público, ata completar a dotación de fondos. Para isto último, segundo publica La Voz de Galicia, Varela quere nomear unha comisión de técnicos para a adquisición de obras, así como buscar socios para minimizar o gasto. A día de hoxe, existen 200.000 exemplares, que supoñen unha quinta parte da súa capacidade.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Biblioteca de Galicia, Roberto Varela, Ano Xacobeo, La Voz de Galicia...