Comezan as actividades do programa Escolas abertas 2009

O programa ensinará canto, gaita, baile tradicional e asociacionismo para emigrantes

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Monte do Gozo acollía esta mañá a apertura do programa Escolas abertas 2009. Esta iniciativa da Secretaría Xeral de Emigración pretende, segundo a Xunta, "a promoción da nosa cultura alén das nosas fronteiras". En total serán 119 alumnos chegados de comunidades galegas do exterior os que seguirán este ciclo formativo ata o vindeiro 22 de xullo. Os participantes aprenderán canto popular e percusión, baile tradicional, gaita e mais formación encol asociacionismo e información xuvenil.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escolas, Monte do Gozo

Claves

Conceptos
Lugares