As VII Xornadas Ciencia e Territorio analizarán os glaciares

O encontro que organiza o IES de Melide ten aberta a matrícula

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:

Os interesados en coñecer o xeito en que os glaciares modelaron a paisaxe galega teñen unha boa ocasión entre os días 9 e 11 de setembro. O IES Melide e Nova Escola Galega teñen aberta a inscrición para as VII Xornadas Ciencia e Territorio, que levan por título Os procesos glariares e periglaciares en Galicia: o exemplo das serras sudorientais. Alén de conferencias sobre o tema, a actividade inclúe saídas de campo ao Courel, Pena Trevinca e Manzaneda guiadas polo catedrático de Xeografía Augusto Pérez Alberti.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Melide, Nova Escola Galega, Paisaxe...