O Arde Lucus levaba a Cidade da Muralla, de volta ao tempo dos romanos este mes de xuño. En Vimianzo os irmandiños asaltaban o castelo de volta a pasada fin de semana. Mentres, Compostela celebraba un mercado medieval. Estas festas daban comezo á vaga de celebracións que cada ano recuperan tempos pasados da nosa historia. Desde a prehistoria ata o comezo do século XX, con maior ou meno preocupación pola exactitude, existen citas para todos os gustos pola nosa xeografÃa.
Se non foron as primeiras, desde logo foron a que acadaron un maior eco. O éxito da Festa da Istoria de Ribadavia desde 1989 (vindeiros 27 a 29 de agosto) e mais da RomarÃa Viquinga de Catoira (vai pola 49 edición, o primeiro domingo de agosto) provocaron que moitos concellos se decatasen das posibilidades que tiña organizar eventos ambientados no pasado de vilas e cidades. A conservación máis ou menos axeitada dos nosos cascos históricos facilitou en moitos casos conseguir ambientacións verosÃmis sen moito esforzo. Aos poucos, foron xurdindo por todo o paÃs celebracións medievais.
As posibilidades da feira
O máis común á hora de voltar ao pasado é celebrar mercados medievais que aproveitan as múltiples posibilidades de entretemento que achega un evento coma este, con malabares, actuacións musicais, demostracións de artesanÃa ao vivo e todo tipo de animacións de rúa. Esta proposta, na liña da Festa da Istoria, foi a que seguiron vilas que remexeron no seu pasado para conmemorar feiras deste tipo que se celebraban na realidade dentro das súas murallas. Se en Ribadavia apostaron por incidir na pegada xudea na vila, a Feira Franca de Pontevedra conmemora desde hai dez anos o permiso que deu en 1467 Henrique IV, para celebrar un mercado dun mes de duración na cidade. Desta volta o evento céntrase na lingua e nos poetas medivais,. Ou a Feira Franca Medieval de Betanzos (dÃas 10 a 12 de xullo) , que tamén lembra a que se celebraba no século XV na vila.
Distintas implicacións
En xeral, nestes casos as festas desenvólvense, ao xeito da de Ribadavia, involucrando a poboación local. Empresas, asociacións e persoas en xeral traballan para conseguir unha ambientación axeitada e para desenvolver diferentes actividades, sen menoscabo de que as festas conten coa participación de profesionais chegados de fóra para determinados espectáculos. Canda a estas, foron xurdindo por toda Galicia feiras máis ou menos asentadas en feitos pasados. En non poucas ocasións, estes mercados son auténticos parques temáticos móbiles que xiran de vila en vila. Artesáns, actores que representan torneos, cetreiros, músicos e outros participantes poden verse sucesivamente en diferentes lugares do paÃs, ao xeito de auténticos feirantes profesionais. Este foi o caso, por exemplo do Mercado Medieval que se celebrou en Compostela entre os pasados dÃas 2 e 5 de xullo, que estaba organizado pola empresa La FactorÃa de los Sueños. A empresa tamén leva o mercado de Padrón (10 a 12 de xullo) ou o de Noia (17 a 19 do mesmo mes). Outros lugares que aproveitan esta fórmula, con distintas empresas, son Ourense, A Rúa, Cangas (do 11 ao 13 de setembro) ou Redondela, que incorporou un destes mercados á súa Festa da Coca.
A opción bélica
Canda á opción do mercado, houbo varios eventos deste tipo que, seguindo na liña do desembarco vikingo de Catoira, céntranse na representación dun evento bélico da nosa historia. Deste xeito, temos os asaltos irmandiños aos castelos de Moeche (terceiro sábado de agosto) e de Vimianzo, que se celebrou a pasada fin de semana. Cun futuro incerto, outra variante festiva desta temática é o xogo de rol Os Irmandiños, que representa onda o Castelo de Monterrei estas loitas tardomedievais cun notable éxito de participación. En xeral, a recreación bélica adoita completarse cunha completa oferta lúdica que inclúe, segundo os casos, concertos (Moeche e Vimianzo) ou representacións (Catoira).
Alén da Idade Media
Fóra do medievo as opcións festeiras redúcense moito. A época romana e castrexa é unha das que teñen máis atractivo para os dinamizadores culturais do noso paÃs. A grande cantidade de restos arqueolóxicos existentes deste perÃodo deu pé á celebración do Arde Lucus. De xeito semellante, outra veterá recreación romano-castrexa, a Festa do Esquecemento (vindeiros 22 e 23 de agosto), recupera en Xinzo o encontro entre estas dúas culturas rememorando o cruzamento do RÃo Limia. Tamén O Pino ou Santa Comba aproveitan o noso legado castrexo para celebrar cadansúa festa.
Unha das propostas máis curiosas é a de Mos. Aquà levan xa dez anos a celebrar a Festa da Prehistoria cada segunda semana de agosto. Xogos entre tribus, comida, cursos de pintura corporal e mesmo un concurso de curtametraxes fan por retornar ao pasado máis fondo nunha proposta que, sinalan os organizadores, foi pioneira no estado. Polo outro estremo da Idade Media atopamos, xa na fronteira coa Moderna, a Festa da Arribada de Baiona, (celébrase en marzo) que aproveita un bo feixe de elementos das feiras medievais na súa recreación da chegada da carabela Pinta logo da descuberta de América.
Recreacións máis que festas
De aà en adiante, atopamos o baleiro ata chegarmos á era napoleónica, con eventos que teñen ben máis de recreación histórica do que de festa. A batalla de Elviña, Pontesampaio... Polo seu carácter festivo e participativo destaca neste sentido a Festa da Reconquista de Vigo, que integra asociacións veciñais e aproveita a excusa bélica para montar todo un mercado de comezos do XIX coas súas actividades. Desde aquela, e fóra da Feira de 1900 que leva os arteixáns a comezos do século XX, pouca cousa máis atopamos.
Exactitude e divulgación
A exactitude de cada unha destas recreacións varÃa enormemente, mesmo dentro das diferentes edicións dun mesmo evento. Deste xeito, no Arde Lucus procúrase una recreación máis ou menos fiel da época romana, achegándolle o concello aos participantes patróns e tecidos cos que elaborar os seus traxes. De xeito semellante, en Pontevedra e en Ribadavia celébranse obradoiros para aprender a facer traxes medievais nos meses prévios, e en distintas localidades danse unhas certas instrucións sobre como vestir. En Catoira, evoluÃron desde os viquingos con cornos nos cascos (os reais nunca os tiveron) do comezo ata a actual reconstrución dun drakkar e dun poboado nórdico, incluÃndo o irmandamento con Frederiksund (Noruega). En xeral, semella haber unha certa tendencia por procurar un hálito de maior autenticidade neste tipo de eventos, ben buscándolle raÃces históricas locais, ben procurando unha maior aproximación á realidade, dentro do posible e sen esquecer nunca que o ambiente histórico non deixa de ser unha excusa para a festa. Celebracións coma as de Betanzos, Ribadavia ou Pontevedra aproveitan ademais a celebración para desenvolver xornadas de divulgación histórica que achegan a época que se recrea ao público asistente.
Baleiros históricos
Malia á abundancia, resulta curioso constatar a existencia de amplos ocos históricos na ambientación destes eventos. Deste xeito, non temos constancia de festas que rememoren os séculos XVII ou XVIII, poida que polo aparatoso e caro dos traxes dos nobles en aquela época, ou porque se pense que a vida campesiña permaneceu igual desde a Idade Media ata o comezo dos nosos dÃas. Tampouco se recuperaron aÃnda, por exemplo, os anos 20, que habÃan dar bo xogo en cidades coma Pontevedra ou Ourense, en plena efervescencia galeguista, nin existe un especial interese polo século XIX urbán. As posibilidades son moitas, e non há pasar moito tempo para que o que hoxe son festas musicais ambientadas nos anos sesenta ou setenta, se integren tamén nas festas de recreación...