O Consello da Cultura Galega recibe o premio á mellor iniciativa a prol da BD Galega en 2001

5-16, Rue del Percebe

Desde hoxe e ata o vindeiro día 13, diferentes escenarios da cidade das Burgas convertiranse en pequenas viñetas de cómic. Exposicións, cinema, un mercado de fanzines, a entrega de premios, presentacións, coloquios e mesas redondas conforman un completísimo programa de actos.

Desde hai trece anos Ourense ocupa un lugar importante dentro da novena arte, son as Xornadas de Banda Deseñada que organiza a Casa da Xuventude de Ourense e o Colectivo Phanzynex e que pretende servir de escaparate do panorama do cómic en Galicia.

Nesta edición, as Xornadas teñen varios protagonistas: Ibáñez, por "13, Rue del Percebe", a desaparecida revista de Xerais,"Golfiño", e o Consello da Cultura Galega polo labor realizado na promoción da novena arte.





As exposicións


Desde hoxe e ata o vindeiro día 13, as XIII Xornadas de Banda Deseñada convertirán ós debuxos dos libros nos protagonistas da actividade cultural da cidade. As exposicións son uns dos principais reclamos destas xornadas que conta con nomes moi importantes.
E esta xornada atraerá a todos os seguidores desta creación de Galicia e de Portugal, xa que existen numerosos artistas lusos que teñen confirmada a súa presencia. De feito, unha das exposicións principais do Museo Municipal é "Intuições" de José Carlos Fernándes, que fora Premio Ourense no ano 95. E no mesmo museo esterá o "Humor negor de Mondo Lirondo", "Mmmh", o novo proxecto de BD independente, no que se están embargados Kike Benlloch, David Rubín, Bernal Prieto, Jano Viñuela, Alberto Vázqueze Fernando Iglesias "Kohell".
Na casa da Xuventude estará orixinais e inéditos de Golfiño, a revista sobre Banda de Xerais que se deixou de publicar; un paseo polo "13, Rue del Percebe", a través da visiónde diferente autores galegos, e os comic didácticos do Consello da Cultura Galega, ¿De quen é auga? e Vivir no solo.











As actividades


As relacións entre a banda deseñada e o cinema tamén se abordarán nestas xornadas. Por ese e motivo, os organizadores en colaboración co Festival de Cine Independente de Ourense, o Cineclube Padre Feijoo e o Teatro Principal farán dúas proxeccións: por unha banda "La princesa Mononoke" (martes 9, 20:45), e "Marco Antonio. Rescate en Hong Kong" (mércores 10, 20:45).
Polo demais, o sábado, a partires das 11 da mañá, e dentro do "Encontro de fanzines" haberá charlas e coloquios con diversos autores entre nas que se falará de "Mmmh!!", do portal Banda Deseñada de culturagalega, e de Mundofreak.com.
Como é habitual, este ano tampouco faltará o habitual mercadiño de fanzines que terá lugar no 1º andar da casa da Xuventude.





E os premios

E durante a inauguración, que ten lugar hoxe, na Casa da Xuventude farnse entrega dos undécimos premios de Ourense de Banda Deseñada nas súas diversas categorías. Na categoria de Aautor afeccionado (categoría A), o premio foi para Marcos Calo. E para "a mellor iniciativa" a prol da BD en Galicia foi para culturagalega.org polo seu soportal. Un premio que consiste unha estatuíña do artista plástico Manolo Figueiras.