As axudas públicas á Mesa provocan polémica

A entidade denunciará a TVG para reclamar dereito de réplica

6/7/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
26 lecturas | Compartido 0 veces

La Voz de Galicia e mais o Telexornal mediodía da TVG publicaban a nova de que as consellarías do BNG durante o bipartito multiplicaran as axudas para a Mesa pola Normalización Lingüística. Segundo estes dato, a entidade ingresou 695.309 euros a través de diferentes axudas e convenios entre 2006 e 2009. En resposta a estas acusacións, A Mesa comunicou que interporá unha denuncia contra a TVG esixindo dereito de réplica. A entidade lembrou que os ingresos débense a convenios para desenvolver actividades e proxectos coma o voluntariado lingüístico ou o correlingua entre outras.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, Normalización Lingüística, Correlingua, Mesa pola Normalización Lingüística...