O Quiosco Alfonso da Coruña acolle a exposición dun dos pais do fauvismo

Fauvismo coruñés

Unha retrospectiva sobre o pintor Henri Manguin, un dos pioneiros do movemento fauvista, é o que oferta desde onte o Quiosco Alfonso da Coruña. Outra mostra que se puxo en marcha onte é a do galego Xoán Anleo no Centro Galego de Arte Contemporánea, e vén de abrirse a galería Wootelo en Lugo.

Fauvismo na Coruña



Cincuenta e dúas pezas realizadas por Heri Mauguin, un dos pais do fauvismo, compoñen a mostra que se pon en marcha hoxe no Quiosco Alfonso da Coruña, onde se poderá ver ata o día nove de xuño.
Na mostra poden verse desde retratos e esceas de vida cotiá ata bodegóns. Entre os traballos inclúese unha das obras que se puideron contemplar en 1905 na mostra que deu nome ó movemento. Tamén se pode ver unha peza tan curiosa coma un bodegón que quedou sen rematar debido á morte do artista ós setenta e cinco anos da idade en 1949.












Anleo no CGAC



O artisxa Xoan Anleo, residente en Vigo, presenta no CGAC unha mostra na que xoga cos obxectos cotiáns dotándoos de novos significados. Guitarras, pelotas de goma, ou pezas de roupa de deseño son algúns dos elementos que compoñen "Fricción". Segundo o autro, esta mostra pretende amosar as tensións entre realidade e ficción. Co mesmo título preséntase unha videoinstalación do artista na que se ve o seu intento por avanzar camiñando mentres é empurrado por uns brazos invisibles.





Wootelo


Facer nha proposta orixinal dentro do galerismo é o que pretende a galería Wootelo, que abríu onte as súas portas en Lugo. Wootelo pretende ofrecer exposicións mensuais sen ánimo de lucro, e como reclamo empregarán unha luva vermella xigante pendurada onda a porta. A intención é dar un espacio a artistas que non adoitan entrar nos circuitos convencionais de arte. O horario de visita será todos os días agás os mércore, de sete a nove da tarde; os sábados entre as nove da mañá e as dúas da tarde e os domingos en "sesión vermú". A primeira mostra da galería será unha colectiva de Ana Álvarez, Modesto Fernández, Jorge Guitián e Branda, e pode verse desde hoxe mesmo.